Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

Parte da directiva de puntoGAL e do seu equipo administrativo durante a presentación da aprobación do dominio no Instituto de Ensino Secundario público Rosalía de Castro

15/06/2013

"Grazas a toda a sociedade galega polo seu apoio"

No instituto público IES Rosalía de Castro, a Asociación puntoGAL presentou en rolda de prensa a aprobación do domino. Manuel González explicou, entre outros aspectos, os prazos e as normas que rexerán o lanzamento do .gal. Velaquí o seu discurso completo:


Parte da directiva de puntoGAL e do seu equipo administrativo durante a presentación da aprobación do dominio no Instituto de Ensino Secundario público Rosalía de Castro

15/06/2013

Galicia consegue o .gal

Máis de 12.000 apoios cidadáns. Máis de 110 entidades adheridas. Máis de sete anos de traballo. O alento sostido das principais entidades e institucións galegas. O respaldo decidido da administración autonómica ao longo do tempo. Todo isto foi necesario para que onte a ICANN, organismo que goberna a Rede, aprobase o dominio para a lingua e cultura galegas. O 14 de xuño de 2013 é xa unha data na historia da internet en Galicia. “É unha conquista de toda a sociedade e un exemplo de que todos xuntos podemos”, sinalou o presidente da asociación puntoGAL, Manuel González.


26/10/2012

puntoGAL nas xornadas universitarias "Proxéctate en galego"

As comisións de normalización lingüística dos centros do Campus de Lugo organizan conxuntamente o foro Proxéctate en galego

, un encontro que, en palabras dos seus promotores, ten como obxectivo "mostrar que o galego é unha oportunidade e unha lingua moito máis viva e dinámica do que se poida crer".


Centro Sociocultural do Ensanche

17/10/2012

Asembleas Ordinaria e Extraordinaria de puntoGAL

A Asociación puntoGAL convoca aos seus 114 socios o próximo mércores 31 de outubro a partir das 17 horas.


Os representantes de Política Lingüística, AMTEGA, puntoGAL e puntCAT (dende a esquerda)

29/05/2012

puntoGAL remite a súa candidatura co apoio de máis de 100 socios, 12.000 sinaturas e da AMTEGA

A Asociación puntoGAL xa remitiu a candidatura dun dominio de primeiro nivel para a lingua e a culturas galegas á ICANN, a corporación internacional que goberna as direccións de Internet. puntoGAL presentou a candidatura hoxe nun acto en Santiago no que participaron gran parte dos seus socios, da Fundació Puntcat e do Goberno Galego.


25/05/2012

Presentación da candidatura do puntoGAL

A candidatura para un dominio de Internet de primeiro nivel para a lingua e cultura galegas está a piques de remitirse en prazo e forma. A ICANN, o ente que goberna as direccións de Internet, pechará o prazo para remitir as propostas o próximo día 30 de maio, pero a Asociación puntoGAL xa completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos para a solicitude do .gal .


Universidade de Vigo

01/07/2010

As tres universidades galegas apoian xa a iniciativa de .gal

A Universidade de Vigo e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia presentaron a súa carta de adhesión ao proxecto a favor dun dominio en Internet para  a comunidade cultural e lingüística galega, o .gal.


ICANN Bruxelas

18/06/2010

Unha delegación de PuntoGal participa na reunión internacional da ICANN en Bruxelas

Representantes da Asociación PuntoGal participarán en Bruxelas na 38ª edición do encontro internacional da ICANN, no que se abordarán distintos aspectos sobre o funcionamento do sistema de nomes de dominio en Internet e se darán a coñecer os avances no proceso de creación de novos dominios xenéricos.


EuroDIG

07/05/2010

PuntoGal presenta a súa iniciativa no EuroDIG

A Asociación PuntoGal presentou o proxecto do dominio para a cultura e lingua galega durante a 3ª edición do Diálogo Europeo sobre a Gobernanza de Internet, EuroDIG 2010, celebrado a semana pasada en Madrid.


ICANN Studienkreis

26/01/2010

PuntoGal presenta a súa iniciativa na 10ª Reunión do ICANN Studienkreis

A Asociación PuntoGal presentou o proxecto do dominio para a cultura e lingua galega ante os participantes na décima convención do ICANN Studienkreis, celebrada a semana pasada en Barcelona, na que se presentaron outras propostas.


Xunta de Galicia

02/07/2009

A Xunta de Galicia compromete todo o seu apoio para crear o dominio .gal

A Xunta de Galicia comprometeu todo o seu apoio coa iniciativa da Asociación PuntoGal, que procura a construción dun espazo específico en internet para a lingua e cultura galegas, o dominio .gal. Así llo transmitiron hoxe a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica de Presidencia, Mar Pereira, e o secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación, Anxo Lorenzo, aos representantes de Puntogal.


11/03/2009

Celebración da Asemblea Ordinaria da Asociación PuntoGal

A Xunta Directiva da Asociación PuntoGal convoca a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN PUNTOGAL para o SÁBADO 14 de MARZO DE 200, ás 11.00 horas en primeira e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, que vai ter lugar na sala circular do Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, coa seguinte ORDE DO DÍA:   


Axenda relacionada

4 de marzo de 2011 17:15 h - 20:30 h

Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación PuntoGal

A Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación PuntoGal terá lugar o VENRES, día 4 DE MARZO DE 2011, ás 17.15 HORAS en primeira e ás 17.30 HORAS en segunda convocatoria, no Centro Sociocultural do Ensanche de Santiago de Compostela segundo a seguinte Orde do Día:


23 de setembro de 2010 09:30 h - 24 de setembro de 2010 18:30 h

XII Encontros para a Normalización Lingüística

Foro de reflexión, estudo e debate da ampla variedade de asuntos relacionados coa promoción do idioma galego, dirixido aos e ás profesionais e estudosos/as da normalización lingüística, aos e ás estudantes e ás persoas interesadas pola problemática e as políticas lingüísticas en Galicia.


23 de febreiro de 2010 12:00 h - 13:00 h

Conferencia sobre o PuntoGal e a Axencia Estatal de Radiocomunicacións (AER)

A Asociación Trabalingua e a Universidade de Vigo organizan unha conferencia para falar sobre a Axencia Estatal de Radiocomunicacións (AER) e as posibilidades de localizar a súa sede en Galicia  e presentar a iniciativa a prol do dominio .gal, promovida pola Asociación PuntoGal.


Tag:

PuntoGal

© Asociación Puntogal