Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

Logo puntCAT

02/09/2013

O domino para o catalán é o que máis medrou en España este ano

O dominio para a lingua e cultura catalás incrementou un 9,8% o volume de identificadores rexistrados nos primeiros seis meses de 2013. Deste xeito, o .cat convírtese no dominio que máis creceu en España no presente exercicio, segundo datos citados polo operador do rexistro, a Fundació puntCAT.


Os representantes de Política Lingüística, AMTEGA, puntoGAL e puntCAT (dende a esquerda)

29/05/2012

puntoGAL remite a súa candidatura co apoio de máis de 100 socios, 12.000 sinaturas e da AMTEGA

A Asociación puntoGAL xa remitiu a candidatura dun dominio de primeiro nivel para a lingua e a culturas galegas á ICANN, a corporación internacional que goberna as direccións de Internet. puntoGAL presentou a candidatura hoxe nun acto en Santiago no que participaron gran parte dos seus socios, da Fundació Puntcat e do Goberno Galego.


25/05/2012

Presentación da candidatura do puntoGAL

A candidatura para un dominio de Internet de primeiro nivel para a lingua e cultura galegas está a piques de remitirse en prazo e forma. A ICANN, o ente que goberna as direccións de Internet, pechará o prazo para remitir as propostas o próximo día 30 de maio, pero a Asociación puntoGAL xa completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos para a solicitude do .gal .


Logo

15/12/2011

O ".cat" celebra o seu quinto aniversario reinvestindo beneficios a prol do catalán na Rede

O  14 de decembro a Fundació puntCAT celebrará o quinto aniversario da consecución dun dominio propio para a lingua e a cultura catalás. O “.cat” é o único dominio aprobado pola ICANN para este tipo de comunidades.


puntCat Logo

15/12/2010

puntCAT reinviste beneficios en difundir o catalán na Rede

O próximo xoves 16 de decembro, a Fundación puntCAT celebrará o acto de entrega das primeiras axudas aos proxectos sen ánimo de lucro que axuden a romper a barreira dixital.


Universidade de Vigo

01/07/2010

As tres universidades galegas apoian xa a iniciativa de .gal

A Universidade de Vigo e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia presentaron a súa carta de adhesión ao proxecto a favor dun dominio en Internet para  a comunidade cultural e lingüística galega, o .gal.


Fundació puntCAT

29/01/2010

PuntCAT acada os 40.000 dominios rexistrados

O pasado domingo rexistrábase o dominio tastetdegospel.cat, co que se chegaron aos 40.000 dominios .cat rexistrados, segundo informa a Fundació puntCAT


ICANN Studienkreis

26/01/2010

PuntoGal presenta a súa iniciativa na 10ª Reunión do ICANN Studienkreis

A Asociación PuntoGal presentou o proxecto do dominio para a cultura e lingua galega ante os participantes na décima convención do ICANN Studienkreis, celebrada a semana pasada en Barcelona, na que se presentaron outras propostas.


Què fer am un .cat

25/11/2009

PuntCAT busca voluntarios para un proxecto

A Fundació puntCAT está a piques de lanzar unha web que facilitará toda a información en relación aos beneficios de dispor dun dominio propio e como sacarlle o máximo partido: www.queferambum.cat, informan desde a propia fundación.


puntCAT

01/10/2009

A Fundación puntCAT presenta as súas novas oficinas en ESADE-Creapolis

A Fundación puntCAT consolida o seu crecemento e impulsa a relación co mundo empresarial trasladando as súas oficinas a ESADE- Creapolis, en Sant Cugat del Vallès, informa a Fundacion puntCAT.


Fotobloc puntCAT

08/09/2009

puntCAT premia as mellores fotos nas que apareza un dominio .cat

A Fundación puntCAT organiza un concurso de fotos nas que aparezan dominios .cat, ofrecendo deste xeito unha ferramenta aos usuarios destes dominios  para poder promocionar o seu propio .cat, informan desde a propia Fundación


s

23/04/2009

Presentación da campaña "Navega en català"

A Fundación puntCAT presenta no día do San Jordi a campaña "Navega en català" co obxectivo de explicar os beneficios de configurar os navegadores co catalán como lingua predeterminada e describir os pasos para poder facelo en só 30 segundos.


09/02/2009

Amadeu Abril: "Ter un dominio propio é un exercicio de normalidade"

Amadeu Abril, impulsor dos dominio .cat, co gallo da presentación da iniciativa .eus -dominio en Internet para a lingua e cultura vasca-, fala sobre a experiencia do dominio catalán e valora as posibilidades para outros dominios de tipo lingüístico e cultura, nunha entrevista publicada no xornal Gara (07-02-2009).


19/11/2008

A Fundació puntCAT participa na Semana da Ciencia relizando un obradoiro

O vindeiro xoves, a Fundació brindará a oportunidade a todos os usuarios do dominio .cat que participen no obradoiro de crear a súa propia web .cat empregando  as ferramentas gratuítas da Internet.



28/07/2008

O puntCAT leva rexistrados 30.000 dominios

Desde que se abriu a fase inicial de rexistro, en febreiro de 2006, o .cat conta xa con máis de 30.000 dominios rexistrados, informa e-notíces.


15/05/2008

PuntCAT celebra o día de Internet en Valencia

O puntCAT anima a celebrar a festividade do Día de Internet, o vindeiro 17 de maio,  explorando a rede, informa a web do dominio para a comunidade cultural e lingüística catalá.



09/11/2007

Google activa o Google.cat, o seu primeiro dominio específico

O buscador máis popular de internet, Google, activa o .cat, o seu primeiro dominio xenérico específico para unha comunidade concreta, neste caso a comunidade lingüística e cultural catalá, segundo informa a Fundació puntCAT, que xestiona o dominio .cat.


28/08/2007

O dominio de internet '.cat' roza os 24.000 rexistros tras un ano e medio de vida

O dominio de internet .cat ten xa 23.619 rexistros contabilizados un ano e medio logo de ser aprobado polo ICANN, o organismo internacional que se encarga de xestionar os dominios na rede. Segundo o director executivo da fundación Punt.Cat, Jordi Iparaguirre, esta é unha cifra "notable" tendo en conta que o dominio .cat non é dominio territorial equivalente ao que dispón os países, senón que se trata dun rexistro xenérico, dedicado á lingua e a cultura.


16/11/2006

PuntCat colabora na preservación do patrimonio cultural dixital catalán

A Fundación PuntCat asinou un convenio coa Biblioteca de Catalunya para colaborar na elaboración do depósito Patrimonio Dixital de Catalunya (PADICAT), un proxecto que pretende recoller, almacenar e preservar toda a producción cultural, científica e xeral elaborada en formato dixital creada en Catalunya ou que teña un interese prioritario para o país.


Tag:

puntCAT

© Asociación Puntogal