Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

Universidade de Vigo

01/07/2010

As tres universidades galegas apoian xa a iniciativa de .gal

A Universidade de Vigo e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia presentaron a súa carta de adhesión ao proxecto a favor dun dominio en Internet para  a comunidade cultural e lingüística galega, o .gal.


PuntoGAL

06/10/2009

PuntoGAL acada as 100 entidades adheridas

A iniciativa a prol dun dominio en Internet para a cultura e lingua galega, promovida pola Asociación PuntoGal,  conta xa co respaldo de 100 entidades de diversa índole.


07/04/2009

PuntoGal consegue máis de 500 apoios no Xuventude Galiza Net '09

PuntoGal acadou arredor de 600 sinaturas a prol do dominio galego na exitosa campaña que levou a cabo na décima edición do Xuventude Galiza Net. Deste xeito superáronse xa os 10.600 apoios individuais


03/02/2009

PuntoGal supera as 10.000 adhesións individuais

A campaña de recollida de sinaturas individuais para respaldar a iniciativa da Asociación PuntoGal segue medrando. Desde que se iniciou a campaña de procura de apoios individuais para PuntoGal, en xaneiro de 2007, son xa máis de 10.000 as persoas que coa súa sinatura apoian a reivindicación dun dominio propio para a lingua e a cultura galegas.


27/01/2009

Queres ser o asinante número 10.000?

A Asociación PuntoGal está  a piques de conseguir os dez milleiros de apoios individuais á iniciativa a prol dun dominio en Internet para a lingua e cultura galegas, o .gal.  




Tag:

adhesións

© Asociación Puntogal