Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

Presentación das fases de lanzamento do puntoGAL

16/05/2013

As páxinas web pioneiras do .gal comezarán a funcionar o 25 de xullo

A Asociación puntoGAL presentou esta maña www.dominio.gal  a primeira páxina web baixo o dominio da Internet para a sociedade galega. A presentación tivo lugar na véspera do Día das Letras Galegas na Cidade da Cultura de Galicia e contou coas intervencións de Manuel González, presidente da Asociación, Alberto Nuñez Feijóo, presidente da Xunta e Xosé Antonio Gómez Segade, catedrático de Dereito da Universidade de Santiago.


Reunión da directiva de puntoGAL

12/04/2014

ICANN delega o dominio .gal

Nic.gal convertiuse onte pola noite no primeiro dominio de puntoGAL activado pola ICANN, o organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial. Tras máis de 7 anos de traballo e coas sinaturas de apoio de doce mil cidadáns e 110 entidades, a posta en marcha desta primeira páxina, de caracter técnico e para probas, supón a delegación formal do dominio e a culminación dun longo proceso apoiado por toda a sociedade galega.


Axenda relacionada

16 de setembro de 2014 12:00 h - 12:45 h

Apertura das novas fases para solicitar dominios .gal

A Asociación puntoGAL presenta a apertura das fases "Abrente" e "Carreira" para solicitar novos dominios de Internet co dominio .gal. Estás fases están dirixidas tanto a entidades públicas ou privadas que pretendan protexer as súas direccións ou marcas rexistradas como ao público en xeral. O acto terá lugar na Real Academia Galega (Rúa Tabernas 11, A Coruña) 


Tag:

landrush

© Asociación Puntogal