Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

Logo .gal

23/04/2013

puntoGAL estima que este verán emitirase a avaliación inicial da ICANN ao dominio de Internet para o galego

A candidatura do domino de Internet para a lingua e cultura galega (o .GAL) non recibiu ningunha obxección por parte dos gobernos representados na ICANN -o ente que goberna a Internet- e xa deu varios pasos importantes cara a súa aprobación inicial. A Asociación puntoGAL, quen presentou a candidatura en nome da comunidade lingüística e cultural galega, estima que antes de que remate o verán coñecerase o resultado da avaliación inicial ao dominio. 


Logo

13/06/2012

O dominio para o galego non terá que superar ningún competidor directo

A ICANN, o ente que goberna as direccións da Internet, revelou hoxe as candidaturas a novos dominios xenéricos de primeiro nivel. Entre elas figura o .gal, a candidatura para a lingua e a cultura galegas. Nas candidaturas presentadas non hai hai ningunha máis para a expresión ".gal" nin ningunha outra para a lingua e a cultura galegas. Polo tanto, puntoGAL terá que superar menos dificultades que os 230 dominios que foron solicitados por máis dun candidato.


O presidente de Puntogal reunido coa secretaria xeral de Modernización

11/03/2012

Puntogal ultima a candidatura dun dominio de internet para a lingua e a cultura galegas

O Consello da Xunta acordou o xoves autorizar a subscrición  do convenio polo que a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (IMIT) aportará á Asociación Puntogal os recursos financeiros necesarios para presentar a candidatura dun dominio de Internet, o “.gal”, para a comunidade cultural e lingüística galega. A Asociación Puntogal, na que colaboran 110 institucións de toda Galicia e da emigración, leva contando co apoio da Xunta durante varios anos e agora tentará superar o exame do ICANN, a corporación internacional que goberna as direccións de Internet.


Galerías relacionadas


Tag:

gal

© Asociación Puntogal