Constituída en 1906, esta institución ten como finalidade principal velar polos dereitos da lingua galega e defender e promover o seu uso.
Representa os intereses dos titulados en Enxeñería de Telecomunicacións galegos.
Entidade que agrupa ás editoriais galegas e que traballa na defensa, promoción e difusión da edición de libros na nosa lingua.
Asociación sen ánimo de lucro creada no ano 2000 e formada pro empresas e profesionais galegos do sector de Internet e as novas tecnoloxías.
Entidade institucional creada co obxectivo de artellar unha política global para a mocidade. Composta por 22 asociacións xuvenís, o CXG é unha entidade de Dereito Público e con personalidade xurídica propia.
Entidade creada no ano 2000 coa finalidade de agrupar aos/ás xornalistas de Galicia, poñelos/as en contacto, ofrecerlles unha serie de servizos e vantaxes colectivas e defender os dereitos comúns da profesión.
Xornal galego publicado en Santiago de Compostela e editado por Editorial Compostela. Apareceu en xaneiro de 1994 coa cabeceira O Correo Galego e no 2003 cambiou o seu nome polo actual. É o primeiro diario en galego.
Constitúe a representación oficial da Internet Society en Galicia e sirve de canle para a distribución de información fiable sobre Internet e actúa como organización autorizada nos organismos internacionais que administran e planifican a operación da Internet globalmente.
Comunidade virtual na que se dan cita os usuarios da rede que teñen en común o feito de ser descendentes de emigrantes galegos/as. Configúrase coma un centro galego virtual en Internet.
Plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma.
Con máis de 500 anos de existencia, é unha institución con vocación de futuro, con dous campus (Santiago e Lugo) e máis de 30.000 estudantes.
© Asociación Puntogal