Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Entidades adheridas

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

Organización profesional dos/das protésicos/as dentais que exercen en Galicia. A súa sede está en Santiago de Compostela.

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

Constituído formalmente en decembro de 2007, o CPEIG pretende ser o medio a través do cal os profesionais do sector poden participar no ordenamento e regulación do ámbito da enxeñaría en informática.

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

Concello de Redondela

Concello pertencente á mancomunidade de Vigo, na provincia de Pontevedra, con 29.864 habitantes e unha extensión de 51,9 quilómetros cadrados.

Concello de Redondela

Concello de Rianxo

Vila natal de Castelao e Rafael Dieste, está situada na comarca do Barbanza e conta con máis de 11.000 habitantes.

Concello de Rianxo

Confederación Intersindical Galega (CIG)

Organización sindical de clase, de orientación nacionalista, fundada en 1994 mediante a fusión da Confederación Xeral de Traballadores Galegos e a Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos.

Confederación Intersindical Galega (CIG)

Consello da Avogacía Galega

Órgano superior da administración colexial da avogacía de Galiza, conformado polos seus sete colexios de avogados (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo). 

Consello da Avogacía Galega

Consello da Cultura Galega

Cun carácter de órgano asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización, ao Consello da Cultura Galega compételle a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Está composto por representantes de entidades e por personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega.

Consello da Cultura Galega

Coordenadora de Equipas de Normalización Ferrolterra

Constituída no concello de Ferrol, pretende coordinar as diferentes equipas de normalización lingüística dos centros educativos da zona para planifificar actividades en torno á normalización da lingua galega.

Coordenadora de Equipas de Normalización Ferrolterra

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

Asociación de carácter non lucrativo de ámbito galego creada en 1996 co obxectivo xeral de procurar paliar as principais eivas no traballo de normalización lingüística en Galiza.

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

Formada en 2009 por equipos de centros públicos, privados e concertados de todo Galicia para fomentar o galego na comunidade educativa e no contorno social.

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

CRTVG

Ente público con personalidade xurídica propia creado polo Parlamento de Galicia en 1984 co obxectivo de pór en funcionamiento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos galegos.

CRTVG

© Asociación Puntogal