Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Sala de prensa

Asemblea Constituínte da Asociación PuntoGal

A Asemblea Constituínte da Asociación PuntoGal tivo lugar o 10 de xuño de 2006 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Nela aprobáronse os estatutos da asociación, elixiuse a xunta directiva e presentáronse as propostas de traballo.

Presentación da xestora da Asociación PuntoGal

Unha ducia de entidades representativas de diversos ámbitos da sociedade galega constituíron en Santiago de Compostela a promotora da Asociación PuntoGal, que ten como obxectivo a consecución do dominio .gal como espazo propio na internet para a cultura e a lingua galegas.

Presentación da Asociación na Coruña

O 13 de xuño de 2006 presentouse a Asociación PuntoGal nunha rolda de prensa na sede da Real Academia Galega en A Coruña. Déronse a coñecer as liñas de traballo da organización e as entidades adheridas ao proxecto, así como a composición da Xunta Directiva da asociación.

Campaña de adhesión

A Asociación PuntoGal está a levar a cabo unha campaña de adhesión para conseguir o apoio individual de milleiros de galegos e galegas a prol do PuntoGal e obter o respaldo das máis importantes entidades do ámbito cultural, asociativo, profesional e empresarial da sociedade galega.

Promoción do PuntoGal en feiras, encontros e celebracións

Co obxectivo de promocionar a súa iniciativa e de conseguir un amplo apoio á creación do .gal, a Asociación PuntoGal ten participado en diversos festivais, encontros e feiras, dándose a coñecer así a boa parte da sociedade galega. PuntoGal estivo presente no Festigal '06 Noite Galega das Telecomunicaóns '6, no Culturgal  '08, no Xuventude Galiza Net '08 e '09,...

Artigos de opinión

Diversos membros do ámbito da lingua e cultura galegas escribiron artigos de opinión a prol do PuntoGal en xornais, blogs e outros medios de comunicación.

Campaña PuntoGal

A Asociación PuntoGal, a través dos membros da súa directiva, mantivo diversas xuntanzas con representantes institucionais , asociacións, centros galegos,... co obxectivo de obter o apoio destes á iniciativa a prol do dominio .gal.

A ICANN e novos dominios

A ICANN é o organismo encargado de levar a cabo o proceso de creación de novos dominios de primeiro nivel en Internet. As novas relativas a este proceso danse a coñecer durante as reunións internacionais públicas da ICANN ou a través de comunicados desta organización.

Premios e recoñecementos

A Asociación PuntoGal recibiu o Premio Xoan Manuel Pintos 2007, concedido polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) polo labor que a asociación vén desenvolvendo para conseguir un dominio propio en Internet para a lingua e a cultura galega.  


© Asociación Puntogal