Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

puntoGAL estima que este verán emitirase a avaliación inicial da ICANN ao dominio de Internet para o galego

MODERADAMENTE OPTIMISTA SOBRE O VEREDICTO INICIAL

puntoGAL estima que este verán emitirase a avaliación inicial da ICANN ao dominio de Internet para o galego

23/04/2013 A candidatura do domino de Internet para a lingua e cultura galega (o .GAL) non recibiu ningunha obxección por parte dos gobernos representados na ICANN -o ente que goberna a Internet- e xa deu varios pasos importantes cara a súa aprobación inicial. A Asociación puntoGAL, quen presentou a candidatura en nome da comunidade lingüística e cultural galega, estima que antes de que remate o verán coñecerase o resultado da avaliación inicial ao dominio. 
PuntoGAL felicita a .bzh pola aprobación do dominio para o bretón

A CANDIDATURA GALEGA, QUE SERÁ AVALIADA ESTE VERÁN, LEVA ANOS COLABORANDO CON .BZH, .SCOT, .CAT e .EUS

PuntoGAL felicita a .bzh pola aprobación do dominio para o bretón

15/05/2012 A Asociación puntoGAL, que promove un dominio de Internet para a lingua e cultura galega, felicita á Association www.bzh. A ICANN, o organismo que goberna as direcións de Internet, acaba de aprobar a avaliación inicial da candidatura dun dominio para a lingua e cultura bretonas, remitida pola Association www.bzh.  De acordo aos calendarios publicados por ICANN, puntoGAL estima que a súa candidatura será avaliada durante este verán.
O proceso para rexistrar .gal terá varias fases cunhas normas públicas e transparentes para fomentar o galego na Rede

ICANN XA ABRIU A SOLICITUDE DE ALTA NUNHA BASE DE DATOS PARA PROTEXER OS DEREITOS DOS PROPIETARIOS DE MARCAS

O proceso para rexistrar .gal terá varias fases cunhas normas públicas e transparentes para fomentar o galego na Rede

13/05/2013 A Asociación puntoGAL estima que a ICANN, o ente que goberna as direccións de Internet, publicará a Avaliación Inicial da súa candidatura este verán. De superar o exame, os dominios .gal poderanse comezar a solicitar nun proceso organizado en varias fases que se iniciaría cara final deste ano.  A Asociación puntoGAL destaca que as fases para o rexistro dos dominios estableceranse da acordo a un procedemento claro -cunhas normas públicas e transparentes- para cumplir co principal obxectivo do .gal, que é fomentar o galego na Internet. Ademais, este proceso cumplirá tamén coas normas fixadas pola propia ICANN para todos os novos dominios.
puntoGAL e a AMTEGA colaboran na recta final para a consecución do dominio de Internet para o galego

O GOBERNO GALEGO APORTA 9.000 EUROS ESTE ANO AO .GAL

puntoGAL e a AMTEGA colaboran na recta final para a consecución do dominio de Internet para o galego

08/05/2013 O presidente da Asociación puntoGal, Manuel González, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e  asinaron esta mañá un convenio de colaboración para promover a candidatura do dominio .gal. O Goberno Galego achega este ano 9.000 euros a puntoGAL para financiar os últimos trámites e xestións relativas á candidatura, que pode ser aprobada nos vindeiros meses.
puntCAT destaca a utilidade dun dominio lingüistico para facer negocios na Rede

0 30% DOS 65.000 .cat REXISTRADOS SON DE EMPRESAS

puntCAT destaca a utilidade dun dominio lingüistico para facer negocios na Rede

29/04/2013 A Fundació puntCAT informa do séptimo aniversario do dominio para a lingua e cultura catalás. O operador do .cat destaca que "con máis de 65.000 dominios xa rexistrados e ocupando a posición número 72 dos dominios con máis rexistros dos 316 que hai no mundo, .cat é un dominio moi útil para a súa comunidade e para quen quere achegarse a ela".
Guía rápida para entender o exame da ICANN e apoiar o Puntogal

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE O .GAL

Guía rápida para entender o exame da ICANN e apoiar o Puntogal

22/07/2011 O lanzamento do proceso de solicitude de novos dominios xenéricos é xa unha realidade. Como xa anunciamos, o Puntogal estará entre os candidatos que se presenten a partir do 13 de xaneiro de 2012. Velaquí unha lista das dúbidas máis frecuentes que nos chegaron ao fío do histórico anuncio:

© Asociación Puntogal