Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Nadal.gal premada no Smile Festival

A felicitación de Nadal feita por Quattro IDCP para a Asociación PuntoGal foi premiada no Smile Festival

Nadal.gal premada no Smile Festival

06/03/2015 O xurado do Festival Europeo de publicidade e humor, Smile Festival , ven de premiar a Quattro IDCP pola súa creatividade desenvolvida para a felicitación de Nadal da Asociación PuntoGal.

Arredor de mil dominios reservados nas primeiras fases poderán activarse nos vindeiros días

O Dominio .GAL entra na Fase Aberta o 2 de decembro

27/11/2014 A Asociación PuntoGal presentou esta mañá na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (Universidade de Vigo) a Fase Aberta do dominio .GAL. Despois das fases previas e con cerca de 1000 dominios, o día 2 de decembro ábrese o dominio sen ningún tipo de restrición a toda a cidadanía. Quen queira promover a súa marca ou destacar o valor engadido do seu produto, promover a cultura galega ou destacarse coa referencia ó noso na internet xa ten a súa oportunidade. Ese mesmo día estarán activos todos os dominios solicitados nas fases Abrente e Carreira que cumpran coas esixencias establecidas.
A Fundación puntCAT celebra o 5º aniversario da aprobación do dominio

Conta con máis de 44.000 rexistros

A Fundación puntCAT celebra o 5º aniversario da aprobación do dominio

16/09/2010 Hai 5 anos que a ICANN aprobou a creación do .cat, o primeiro e único dominio de Internet concedido, ata o momento, a unha lingua e unha cultura e que, tras cinco anos de existencia, conta ca xon máis de 44.000 rexistros, informa a Fundación puntCAT.
O Clúster TIC Galicia celebra a súa primeira asemblea xeral

O Clúster TIC Galicia celebra a súa primeira asemblea xeral

14/01/2010 o Clúster TIC Galicia, con máis de 75 entidades adheridas, vén de celebrar a súa primeira asemblea xeral ordinaria, que tivo máis ben carácter informativo, de cara a poñer en contacto as asociacións empresariais e profesionais do sector con colexios oficias e empresas participantes, informa Código Cero.
Apple aprópiase de 16 dominios de Internet rexistrados por un cidadán

A empresa presentara unha queixa ante a ICANN no mes de novembro

Apple aprópiase de 16 dominios de Internet rexistrados por un cidadán

11/01/2010 Apple conseguiu que 16 dominios en Internet rexistrados a nome dun cidadán estadounidense pasen á súa propiedade tras presentar unha queixa ante a ICANN  ao considerar que as direccións das páxinas web facían referencia directa á súa liña de produtos, informa Europa Press.
Xa en liña o dicionario galego das TIC

Xa en liña o dicionario galego das TIC

14/12/2009 O Dicionario Galego das Tecnoloxías da Información, digaTIC, desenvolvido dende a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia co financiamento da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, xa está dispoñible a través da web, informa Código Cero.

© Asociación Puntogal