Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

VeriSign reporta aumento de 31% en rexistros de dominios en Internet no último ano

01/08/2007
VeriSign, Inc. (NASDAQ: VRSN), provedor líder de servizos de infraestrutura dixital para un mundo conectado á rede, anunciou á publicación do Reporte da Industria dos Nomes de Dominios correspondente ó primeiro trimestre de 2007. De acordo con este informe os rexistros totais de dominios alcanzaron os 128 millóns.

Isto  que representa un incremento do 31% respecto ó ano anterior e un incremento do 6% respecto ó último trimestre de 2006.

Rexistros de novos dominios situáronse en 10,7 millóns no primeiro trimestre de 2007, un sinal de que se mantén o forte crecemento para a industria de nomes de dominios. Saindo dunha situación de crecemento de novos rexistros inusual no último trimestre de 2006, os novos rexistros do primeiro trimestre de 2007 baixaron 8% dun trimestre ó outro, pero medraron 25% en comparación ó mesmo período no ano anterior.

Os nomes de dominios de primeiro nivel con códigos de países (ccTLDs, Country Code Top Level Domains) experimentaron un aumento respecto ó ano anterior de 33% ata alcanzar os 45,7 millóns e 5% respecto ó trimestre anterior. A pesar dos aproximados 2 millóns sumasen soamente metade da marca do primeiro trimestre, o número reflicte un aumento de 86% nos rexistros de ccTLDs respecto ó ano anterior.

Este número representa un aumento do 13% en relación ó mesmo período do ano anterior. Ó final do trimestre, a base de dominios .com e .net tiña 69 millóns de rexistros. Iso representa un 6% de aumento nos primeiros tres meses de 2007 comparado ó último trimestre de 2006, e 28% de aumento respecto ó ano anterior.

VeriSign tamén tivo un medio de 30 mil millóns de consultas diarias no seu Sistema de Nomes de Dominios (DNS) procesadas no primeiro trimestre, resultando en millóns de usuarios de Internet accedendo a sitios Web ou enviando correos electrónicos. O sistema de DNS de VeriSign seguiu mantendo estabilidade e precisión operacional o 100% do tempo durante o primeiro trimestre como nos últimos nove meses.

O crecemento do dominio .tv sinala unha tendencia

O informe de VeriSign tamén reporta novas oportunidades para o dominio de primeiro nivel .tv. De acordo co eMarketer, preto do 60% dos usuarios de Internet de Estados Unidos – ou 107,7 millóns de persoas – regularmente asistiron videos online en 2006. Posicionándose no mercado como un dominio de primeiro nivel que reflicte máis que unha dirección dun sitio Web, o .tv pode gañar recoñecemento mundial como destino para contido de medios.

“O rápido e universal crecemento dos videos en liña é ben documentado” dixo Raynor Dahlquist, vicepresidente de VeriSign. “Ese máis recente reporte mostra que a extensión .tv traduce a través de culturas e xeografías, visto que o termo ‘TV’ suxire o mesmo significado en China, España ou Estados Unidos. En todo o mundo, ‘TV’ significa entretemento de primeira clase, por iso grandes redes de televisión, ligas deportivas, sitios de xogos en liña e organizacións de adestramento están a escoller o .tv como extensión para os seus negocios. Esa tendencia mostra sinais de continuo crecemento.”

VeriSign publicou o Reporte da Industria dos Nomes de Dominios para prover os usuarios de Internet en todo o mundo con datos estatísticos e analíticos significativos da industria de dominios e de toda Internet. Copias do Reporte do primeiro trimestre de 2007, así como de reportes anteriores, poden obterse en www.verisign.com/latinamerica/resumos

© Asociación Puntogal