Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Red.es premiará o rexistro de dominios .es o Día de Internet

15/05/2007
A entidade empresarial entidade adscrita ó Ministerio de Industria Red.es premiará o próximo 17 de maio ós usuarios que rexistren máis dominios .es, coincidindo co 'Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Día de Internet'.

A entidade premiará ás persoas que máis direccións web rexistren baixo o .es, a quen primeiro rexistren un dominio que conteña a palabra web, Internet ou as siglas TIC (Tecnoloxías da información e as Comunicacións) seguido do .es ou ó internauta que encontre primeiro a resposta a unha pregunta que se fará pública ás 12 do mediodía do 17 de Maio.

Red.es realizará esta actividade en colaboración cos 62 axentes rexistradores acreditados pola entidade. Ó final do día, o axente rexistrador que máis dominios contabilice recibirá un agasallo grazas á achega de patrocinadores como Muchoviaje.com, Xa.com, Siemens e Datalogic. Ás cinco da tarde procederase a facer unha entrega simbólica dos premios, entre eles, videocámaras, videoconsolas, altas de cotas a ADSL ou noites de hotel. 

Todas as actividades programadas para ese día poderanse seguir a través de www.planavanza.es. Na Casa de América instalarase ademais un plató dixital interactivo, un espazo aberto ó público e gratuíto, no que se celebrarán debates, concursos, demostracións ou sesións de formación.

© Asociación Puntogal