Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

O 25 DE XULLO ACTIVARANSE ATÉ 90 ENDEREZOS

Os pioneiros do .gal poderanse solicitar até o 11 de xullo

30/07/2014 A Asociación puntoGAL ampliou o prazo para presentar solicitudes ao Programa Pioneiros até o 11 de xullo. puntoGAL responde así á demanda expresada por numerosas administracións públicas e institucións privadas, que pediron  máis tempo para completar os trámites necesarios para remitir a súa solicitude.
O número máximo de nomes reservados para este proceso é de noventa. As 90 entidades seleccionadas poderán publicar a súa web baixo un dominio .gal o 25 de Xullo. Farano uns cinco meses antes que o resto de enderezos .gal , que comezarán a funcionar a finais de ano tras seren solicitados a partir de setembro.

Máis datos sobre as vantaxes, requisitos e prezos do Programa Pioneiros están dispoñíbeis en dominio.gal , o portal  que vai actualizando toda a información sobre as distintas fases de lanzamento do .gal .

Unha vez máis, puntoGAL recoñece o apoio recibido durante o proceso de candidatura e lanzamento do domino dende toda a sociedade galega, incluíndo a comunidade no exterior, as principais entidades culturais, as empresas tecnolóxicas, aos medios de comunicación e as asociacións de base; así como o apoio da administración. O dominio é voso.

© Asociación Puntogal