Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

NIN NO .GAL NIN EN NINGÚN DOS NOVOS IDENTIFICADORES

ICANN publica os entes internacionais cuxas direccións non se poderán rexistrar nos novos dominos

25/09/2013 A ICANN, o organismo internacional que goberna as direccións da Internet, acaba de actualizar a lista de direccións que non poderán ser rexistradas por ningún dos novos dominios de internet que entrarán en funcionamento nos próximos meses.
ICANN está a firmar os primeiros contratos cos operadores dos novos dominios e anunciou que os primeiros novos identificadores entrarán en funcionamento este ano. puntoGAL estima que os primeiros pasos para poder rexistrar dominios .gal poderanse dar a comezos de 2014.

Agora ben, nin no .gal nin en ningún outro dos novos dominios se poderán rexistrar varios centos de nomes incluídos nesta lista.

O obxectivo de ICANN é protexer os intereses de organismos internacionais moi recoñecidos, como o Comité Olímpico Internacional, a Cruz Vermella e as organizacións que vixían o cumprimento de tratados internacionais. Os nomes protexidos son os destas institucións internacionais e nalgúns casos tamén os dous seus acrónimos.

Malia que o equipo encargado deste asunto por ICANN xa presentou o seu informe final, a lista non é definitiva. A relación poderíase ampliar, pois arestora hai en marcha un proceso de debate na comunidade que rematará o 1 de novembro.

© Asociación Puntogal