Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

O domino para o catalán é o que máis medrou en España este ano

02/09/2013 O dominio para a lingua e cultura catalás incrementou un 9,8% o volume de identificadores rexistrados nos primeiros seis meses de 2013. Deste xeito, o .cat convírtese no dominio que máis creceu en España no presente exercicio, segundo datos citados polo operador do rexistro, a Fundació puntCAT.
Ao igual que puntCAT, puntoGAL é unha iniciativa cidadá sen ánimo de lucro. A candidatura do .gal xa foi aprobada pola ICANN, o organismo que goberna as direccións da Rede. A Asociación puntoGAL espera poder que se poidan comezar a reservar dominios a principios de ano. Os ingresos que se obteñan serán destinados íntegramente a manter o domino e normalizar o galego na Rede mediante un programa de bolsas, tal e como fai o puntCAT.

Malia crise en España, outros dominios tamén aumentaron o número de rexistros, como o .es (3,4% nestes seis meses) e o .com (0,6%). Produciuse unha leve caída do .net (-1.3%) e do .org (-1,7%).

A nivel continental, o mercado de dominios de países segue a medrar a un ritmo aproximado do 3% nos primeiros seis meses do ano, segundo datos do  Council of European National Top-Level Domain Registries (CENTR).

No referido á taxa de renovación, o .cat logrou que o 85% dos dominos fosen renovados, unha cifra superior a taxa de renovación do .com, que é do 70%. O dominio para o catalán logrou así ter activos máis de 63.000 dominos.

No conxunto do Estado, o .es mantén o liderado co 48,6% da cota de mercado, seguido polo .com (38,5%), .net (5,2%) e o .org (3,4%).

© Asociación Puntogal