Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

.GAL APLICARÁ UN MODELO DE XESTIÓN SIMILAR AO DO IDENTIFICADOR PARA O CATALÁN

O .cat foi o segundo domino que máis medrou no mundo en 2012

03/06/2013 O dominio para a lingua e cultura catalás foi o segundo do mundo que máis medrou o ano pasado, segundo un estudio dunha publicación francesa citado pola Fundació puntCAT.


En concreto o .cat medrou un 18,3 por cento o ano pasado nos territorios de lingua catalana. Tamén segundo datos da Fundació puntCAT, o resto de dominios nese tempo medrou un 8% no mesmo territorio. O operador do .cat conclúe que o aumento da cota de mercado deste identificador consolídao como "un dominio útil, normalizado e transversal".

puntoGAL, o dominio para a lingua e cultura galegas, espera recibir a aprobación da ICANN, o ente que goberna as direccións da Internet, este verán. A xestión do .gal seguirá un modelo similar ao catalán, pois a Asociación puntoGAL -ao igual que a Fundació puntCAT- tamén é unha entidade sen ánimo de lucro que reinvesterá todos os seus beneficios en promocionar o galego nas novas tecnoloxías.

Os últimos datos confirman a viabilidade económica dos identificadores para as comunidades lingüísticas. Por exemplo, o puntCAT ten un ratio de renovación do 85%, fronte ao 80% do .com, o identificador máis usado.

Máis da metade dos .cat son rexistrados por empresas, o que indica que este tipo de dominios son útiles para destacar a proximidade co cliente e salientar a especialización en productos e servicios relacionados con esa área lingüística.

puntoGAL e puntCAT levan anos colaborando nunha en European Cultural and Lingüsitic Domains (ECLID). O obxectivo desta asociación  é promover os dominios de internet ao servizo das comunidades culturais e lingüísticas de Europa. Nesta iniciativa tamén colaboran outros tres candidatos, o escocés .scot o vasco .eus e o bretón .bzh, que recibiu a aprobación da ICANN hai unhas semanas.

© Asociación Puntogal