Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

0 30% DOS 65.000 .cat REXISTRADOS SON DE EMPRESAS

puntCAT destaca a utilidade dun dominio lingüistico para facer negocios na Rede

29/04/2013 A Fundació puntCAT informa do séptimo aniversario do dominio para a lingua e cultura catalás. O operador do .cat destaca que "con máis de 65.000 dominios xa rexistrados e ocupando a posición número 72 dos dominios con máis rexistros dos 316 que hai no mundo, .cat é un dominio moi útil para a súa comunidade e para quen quere achegarse a ela".

Ao igual que xa fai o .cat, o .gal pretende funcionar como punto de encontro e identificador para unha comunidade lingüística e cultural. A ICANN, o ente que goberna as direccións da Rede, aprobou o .cat o 16 de setembro de 2005 e comezou a funcionar cinco meses despois. Arestora segue a ser o único dominio operativo que serve a unha comunidade lingüística, pero puntoGAL é moderadamente optimista sobre a posibilidade de que ICANN aprobe a candidatura para o galego este verán.

Nunha nota de prensa, puntCAT destaca como as empresas están a beneficiarse económicamente da existencia dun identificador lingüístico para o catalán. 

Así a Fundació recolle unhas declaracións do director de Mircrosoft para a área catalanoparlante nas que di que "o dominio .cat permitiunos achegar as nosas iniciativas e produtos en catalán na Rede, como por exemplo as descargas da versión en catalán dos nosos produtos. Esta iniciativa (...) axudou a aumentar cr a nosa cifra de negocio no país dun xeito significativo nos últimos anos".

A Fundació tamén cita a  Google, Deutsche Bank, Vueling, Decathlon ou Danone entre as compañías de ámbeto internacional que xa operan co identificador para o catalán.

puntCAT, que foi o segundo dominio do mundo que máis medrou o ano pasado, explica que "o 30% dos dominios .cat rexistrados a estas alturas pertence a empresas". "Os empresarios viron no .cat unha ferramenta de mercadotecnia que segmenta o mercado catalánfalante e facilita unha maior proximidade aos clientes", interpreta a Fundació.

© Asociación Puntogal