Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

puntoGAL colabora con puntCAT en ECLID

O dominio de Internet '.cat' alcanza os 60.000 usuarios

15/11/2011 O crecemento comercial do dominio para a lingua catalana demostra a viabilidade económica do modelo do puntoGAL, a candidatura dun dominio para a lingua e a cultura galegas.
Unhas 60.000 empresas, entidades ou particulares empregan o dominio \'.cat\', especializado en contidos en catalán ou sobre a cultura catalá e outorgado polo Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (Icann) hai sete anos. Así o informou a pasada semana a Fundació puntCAT nun comunicado.

puntCAT acadou un incremento en 7.000 usuarios dende xullo produciuse grazas a unha campaña de promoción que se prologará até xaneiro de 2013. A campaña rebaixa o prezo do rexistro un 70%, o que permitiu dobrar a cifra dos dominios rexistrados no mesmo período de 2011. O cat é  o \"primeiro e único dominio na rede concedido a unha cultura e unha lingua\".

A Fundació puntCAT é unha entidade sen ánimo de lucro que reinviste os beneficios en proxectos que fomentan a súa lingua e cultura na rede.  A Asociación puntoGAL tampouco ten ánimo de lucro e  aspira tamén a, de superar o exame que está a desenvolver a ICANN sobre o proxecto de .gal,  poder reinvestir os beneficios que no futuro dea o novo dominio en proxectos  que promovan o galego na Rede.

puntoGAL colabora canda puntCAT en ECLID, un grupo de dominios e candidatos a dominios lingüísticos europeos. Neste grupo tamén participan iniciativas de Escocia, País Vasco e Bretaña.

© Asociación Puntogal