Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

NO CAMPUS DE LUGO

puntoGAL nas xornadas universitarias "Proxéctate en galego"

26/10/2012 As comisións de normalización lingüística dos centros do Campus de Lugo organizan conxuntamente o foro Proxéctate en galego, un encontro que, en palabras dos seus promotores, ten como obxectivo "mostrar que o galego é unha oportunidade e unha lingua moito máis viva e dinámica do que se poida crer".

Este venres un rerpresentante da directiva da Asociación puntoGAL participa na mesa redonda titulada  Tecnoloxía e lingua galega.

A mesa ten lugar a partir das 18:15 horas até as 20:00 horas. As xornadas están organizadas na Casa do Saber, na Vicerrotoría do Campus de Lugo da Universidade de Santiago.

© Asociación Puntogal