Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

EN SANTIAGO

Asembleas Ordinaria e Extraordinaria de puntoGAL

17/10/2012 A Asociación puntoGAL convoca aos seus 114 socios o próximo mércores 31 de outubro a partir das 17 horas.

A Asemblea Ordinaria e, a continuación, a Asemblea Extraordinaria de puntoGAL, a candidatura dun dominio para a lingua e a cultura galegas na Internet, terán lugar no Centro Sociocultural do Ensanche en Santiago de Compostela. O Centro está situado en Frei Rosendo Salvado, número 14-16, baixo.

A primeira convocatoria da Asemblea Ordinaria está prevista para as 17 horas; a Asemblea Extraordinaria está prevista, en primeira convocatoria, para as 18:15 horas. Rógase puntualidade.

As ordes do día e a documentación para as asembleas xa foron remitidas por correo electrónico aos socios. Para calquera dúbida, por favor contacten coa Asociación. 

© Asociación Puntogal