Con motivo da remisión da candidatura do puntoGAL, a Asociación organiza unha presentación e unha mesa redonda o próximo martes, que será inaugurada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.
Nos relatorios participarán, entre outros, representantes da Fudació Puntcat (que xestiona o .cat, o dominio da lingua e cultura catalás), a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Consello da Cultura de Galicia, EGANET, Asociación Galega de Editores e Código Cero.
O acto servirá tamén para explicar os prazos do exame da
ICANN e a futuras formas de rexistro do .gal .
O acto terá lugar o próximo martes 29 de maio no auditorio da
Biblioteca de Galicia en Santiago a partir das 12 horas. Os
socios de puntoGAL , os representantes das organizacións que traballan coa lingua e as novas tecnoloxías en Galicia e todos aqueles interesados en contribuír a espallar o dominio para a lingua e a cultura galegas están convidados.
Compartir noticias serve para que outros usuarios da rede poidan ver as noticias ou informacións que a ti che pareceron interesantes. Para isto existen certas webs, alleas a Puntogal, que teñen por natureza a de compartir, valorar, comentar ou gardar calquera información que chamou a atención dos seus usuarios.
Chuza!

punto de encontro onde os internautas galegos fan a súa propia escolma de información. Ademais, son os propios usuarios os que valoran as historias enviadas, coméntanas e deciden se publicalas na portada principal.
Menéame

esta web en castelán tamén recolle a información que os usuarios consideran interesante. As noticias enviadas poden comentarse e votarse, ordenándose de acordo con estas votacións: as máis aceptadas móstranse na portada..
Del.ici.ous

gardar información de interese atopada en internet e clasificala por temas é moi sinxelo con esta ferramenta. Con ela podes engadir as páxinas que normalmente se gardan en favoritos no noso ordenador, ordenándoas en categorías mediante etiquetas para compartilas con outras persoas.
Yahoo!

igual que Del.icio.us, o famoso buscador permite gardar e compartir os nosos favoritos na rede mediante un sistema de tags. Tamén deixa almacenar os datos de contacto persoais ou profesionais.
Technorati

para procurar información en blogs, Technorati é a mellor ferramenta: trátase do maior indexador do mundo de contidos publicados en bitácoras. Con ela podes saber, sen necesidade de te rexistrares, cales son as noticias e as historias que interesaron máis aos blogueiros.
Domelhor

formato similar a Chuza! nado en Portugal, de organización non-xerárquica de información, usado polos internautas do ámbito lusófono.
Facebook

podes compartir rapidamente calquera páxina cos teus amigos e amigas, mesmo cando non te atopes en Facebok.
Myspace

Este sitio web de interacción social permiteche, entre outras opcións, compartir esta información cos teus amigos e amigas.