Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

COLABORA CON PUNTOGAL EN ENCLID

O ".cat" celebra o seu quinto aniversario reinvestindo beneficios a prol do catalán na Rede

15/12/2011 O  14 de decembro a Fundació puntCAT celebrará o quinto aniversario da consecución dun dominio propio para a lingua e a cultura catalás. O “.cat” é o único dominio aprobado pola ICANN para este tipo de comunidades.
Dende a súa creación, a Fundació puntCAT rexistrou máis de 52.000 dominios. “Dende o seu nacemento logrou o recoñecemento internacional polo seu liderado tecnolóxico e por ser un exemplo a seguir polo resto de dominios”, destaca a Fundació nun comunicado.

Puntogal colabora puntCAT en ECLID, un grupo de candidaturas culturais e lingüísticas que buscan presentarse á inminente apertura dunha nova convocatoria por parte da ICANN a comezos de 2011. A experiencia do puntCAT demostra a viabilidade e o respaldo social dos dominios culturais e lingüísticos.

De feito, no acto de celebración do quinto aniversario, puntCATpresentou  os galardóns do seu programa Ajuts 2011, subvencións para proxectos sen ánimo de lucro para axudar a potenciar a sociedade da información catalánparlante.

Puntogal aspira a que o “.gal” permita non só autofinanciarse ao domino para galego, senón tamén axudar ao desenvolvemento de iniciativas a prol do galego nas novas tecnoloxías.

© Asociación Puntogal