Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

INCREMENTO DUN 7,9% ANUAL

Os rexistros de dominios soben malia crise

06/06/2011 Catro millóns e medio de dominos incorporáronse á Internet nos tres primeiros meses de 2011, segundo o último Informe da Industria de Nomes de Dominios publicado por Verisign.
O primeiro cuadrimestre de 2011 pechou cunha suma de máis de 209,8 millóns de rexistros de dominios de primeiro nivel. Isto supón un incremento sobre o primeiro cuadrimestre de 2010 dun 2,2 por cento. Interanualmente, os rexistros subiron até 15,3 millóns, un 7,9 por cento máis nun ano.

Os dominios de primeiro nivel de códigos de país (ccTLDs) son 81,7 millóns. Isto supón un incremento dun 2,1 por cento no primeiro cuadrimestre e un 5,1 por cento anualmente.

Os dominios .com e .net, operados por Verisign, superaron os 108 millóns. Os rexistros no primeiro cuadrimestre foron de 8,3 millóns. Isto supón un incremento do 9,2 por cento anualmente e unha suba do 2,7 por cento no cuarto cuadrimestre. O índice de renovación destes dominios foi dun 73,8 por cento, subindo dende un 72,2 por cento no cuarto cuadrimestre de 2010.

© Asociación Puntogal