Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

ENQUISA DA UNIÓN EUROPEA

A maioría dos internautas europeos navega nunha lingua estranxeira

26/05/2011 Aínda que o 90 % dos internautas da UE prefire acceder aos sitios web na súa propia lingua, o 55 % utiliza na rede, polo menos ocasionalmente, unha lingua estranxeira, segundo revela unha enquisa Eurobarómetro paneuropea publicada este mes.
O 44 % dos usuarios europeos de internet ten a impresión de estar perdéndose información interesante porque as páxinas están nunha lingua que non comprende e só un 18% adquire produtos en liña nunha lingua estranxeira.

Os resultados subliñan a necesidade de investir en ferramentas de tradución en liña para  que os usuarios de internet da UE non deixen de localizar información ou produtos en liña

A enquisa confirma que o inglés é a lingua máis  utilizada para ler e ver contidos en internet nunha lingua estranxeira: case a metade dos internautas da UE (4 %) utiliza o inglés, polo menos de xeito ocasional, mentres que no caso dos españois, alemáns e franceses é moito menor, pois esta porcentaxe oscila entre o 4% e o 6%.

Mentres que case 9 de cada 10 participantes na enquisa (88%) consideran que todos os sitios web creados no seu país deberían utilizar as linguas oficiais , aproximadamente 8 de cada 10 (81%) opinan que estes sitios deberían ter tamén versións noutras linguas.

© Asociación Puntogal