Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

PLAN ESTRATÉXICO 2011-2014

"Abrir Internet a máis culturas e linguas", obxectivo estratéxico da ICANN

31/01/2011 A ICANN, a organización que xestiona os dominios de internet, acaba de publicar o seu "Plan Estratéxico Xullo 2011 – Xuño 2014". A entidade inclúe "abrir Internet a máis culturas e linguaxes" entre os seus "obxectivos estratéxicos".

Unha das vías sinaladas pola ICANN para lograr este obxectivo son "os novos gTLDS (dominios xenéricos de primeiro nivel) que permitirán a máis comunidades e lingas estar representadas en internet e unha maior capacidade de escolla á hora de rexistrar dominios".

A Asociación Puntogal está a seguir de preto o proceso de apertura de candidaturas de novos dominios por parte da ICANN. O obxectivo é lograr un identificador propio para a lingua e culturas galegas o antes posíbel.

O "rápido proceso das solicitudes" e a incorporación de tipos de caracteres de alfabetos non latinos (o programa IDN) son outros dos puntos sinalados pola ICANN na súa aposta pola internacionalización da rede.

© Asociación Puntogal