Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

En San Francisco en Marzo

Clinton podería sumarse á próxima conferencia da ICANN

18/01/2011 Bill Clinton, ex-presidente dos Estados Unidos, podería participar na conferencia da ICANN no Val de Silicio de San Francisco (EE.UU.) en marzo.

“Aínda que é certo que o invitamos e aceptou, aínda estamos a traballar nun contrato, e sen el non pode ser lanzado un anuncio formal ”, escribiu Scott Pinzon no blog oficial desta organización.

Varios sitios web xa informaron que Clinton chegou a un acordo coa ICANN. Con todo, a corporación explica que “esperamos que pronto podamos concluír con éxito o proceso para permitir que o Presidente Clinton participe na reunión”.

ICANN goberna o sistema de nomes de dominio (DNS). A econmenda orixinal á ICANN proveu do goberno de Estados Unidos mentres era presidente Clinton.

Esta organización está definindo un novo conxunto de regras para lanzar novos dominios. A Asociacion Puntogal participará nese proceso para conseguir canto antes un dominio para a lingua e a cultura galegas.

© Asociación Puntogal