Esta é a primeira convocatoria de axudas da Obra Social de puntCAT, o organismo que xestiona o dominio .cat para a lingua e a cultura catalás. Segundo esta institución, a convocatoria espertou un gran interese e recibiu 74 propostas. PuntCat destaca a variedade de proxectos presentados e a diversidade de procedencia dos mesmos, cubrindo gran parte do territorio catalán falante.
Un xurado formado por prestixiosos profesionais avaliou os proxectos e determinou os ganadores, os cales faranse públicos no citado acto de entrega.
O investimento total das Axudas puntCAT 2010 é de 90.000€, subvencionando cada proxecto cun máximo de 20.000€. Con máis de 46.000 dominios rexistrados, .cat chegou a un grado de crecemento que lle permite reinvestir na sociedade que fai crecer o dominio.
É por iso que a Fundación puntCAT engadiu esta liña de axudas a proxectos, ás accións da súa Obra Social. Mediante estas axudas os usuarios do dominio, ao rexistrar ou renovar un .cat , invisten no desenvolvemento da comunidade dixital catalán falante.
Compartir noticias serve para que outros usuarios da rede poidan ver as noticias ou informacións que a ti che pareceron interesantes. Para isto existen certas webs, alleas a Puntogal, que teñen por natureza a de compartir, valorar, comentar ou gardar calquera información que chamou a atención dos seus usuarios.
Chuza!

punto de encontro onde os internautas galegos fan a súa propia escolma de información. Ademais, son os propios usuarios os que valoran as historias enviadas, coméntanas e deciden se publicalas na portada principal.
Menéame

esta web en castelán tamén recolle a información que os usuarios consideran interesante. As noticias enviadas poden comentarse e votarse, ordenándose de acordo con estas votacións: as máis aceptadas móstranse na portada..
Del.ici.ous

gardar información de interese atopada en internet e clasificala por temas é moi sinxelo con esta ferramenta. Con ela podes engadir as páxinas que normalmente se gardan en favoritos no noso ordenador, ordenándoas en categorías mediante etiquetas para compartilas con outras persoas.
Yahoo!

igual que Del.icio.us, o famoso buscador permite gardar e compartir os nosos favoritos na rede mediante un sistema de tags. Tamén deixa almacenar os datos de contacto persoais ou profesionais.
Technorati

para procurar información en blogs, Technorati é a mellor ferramenta: trátase do maior indexador do mundo de contidos publicados en bitácoras. Con ela podes saber, sen necesidade de te rexistrares, cales son as noticias e as historias que interesaron máis aos blogueiros.
Domelhor

formato similar a Chuza! nado en Portugal, de organización non-xerárquica de información, usado polos internautas do ámbito lusófono.
Facebook

podes compartir rapidamente calquera páxina cos teus amigos e amigas, mesmo cando non te atopes en Facebok.
Myspace

Este sitio web de interacción social permiteche, entre outras opcións, compartir esta información cos teus amigos e amigas.