Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Nova cara na área de participación pública da ICANN

19/10/2010 Filiz Yilmaz é a nova directora senior da área de participación e compromiso de ICANN, unha área fundamental dentro dun modelo multisectorial, informa a ICANN.

Filiz Yilmaz ten máis de 14 anos de experiencia no regulamento internacional de internet e na industria das Tecnoloxías da Información. De nacionalidade turca, Filiz cursou estudos en Oriente Medio.

A través do seu traballo, contribuirá a ampliar a xa diversa comunidade da ICANN. Os seus coñecementos técnicos e experiencia internacional sitúana no posto máis axeitado para traballar coa comunidade existente e conseguir a expansión xeral dos usuarios de Internet.

Filiz Yilmaz realizará o seu traballo en Amsterdam, estreitamente vinculada á oficina de ICANN en Bruxelas.

© Asociación Puntogal