Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Segundo o informe anual "A sociedade en rede 2009"

España chega aos 27 millóns de usuarios de Internet

30/09/2010 No primeiro trimestre do ano 2010 España acadou 26,9 millóns de internautas,  segundo datos do Informe anual "A Sociedade en Rede" 2009 do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (ONTSI), da Secretaría de Estado de Telecomunicacións, informa Código Cero.

Segundo o informe, o 95% dos fogares españois con Internet ten conexión de banda larga, co que supera en 9 puntos a media europea e mellora nun 8% os datos de 2008.

O informe tamén explica que España ocupa un dos primeiros postos entre os países da UE no referente a empresas con banda ancha, cun 98%, fronte ao 88% de media da UE. O 54% dos fogares españois tivo o ano pasado acceso a Internet, o que supuxo un crecemento anual de 3 puntos porcentuais.
De todas as conexións, as realizadas con banda larga alcanzaron o 51% dos fogares, o que significou un incremento do 5% en relación ao ano anterior.


Estes datos indican ademais que houbo un importante crecemento das redes sociais, e España é xa 3ª no ránking mundial de porcentaxe de usuarios activos destas redes, cuxas actividades son as que máis creceron en usuarios no último ano.


O gasto total en servizos TIC en fogares para o ano 2009 foi de 13.735 millóns de euros, cun incremento interanual do 4,7%, segundo o informe, que sinala tamén que o gasto total en Internet mantivo a tendencia ascendente neste último ano, cun incremento do 13,2%. O gasto medio mensual en Internet por fogar no ano 2009 mantívose estable en 26,9 euros.

© Asociación Puntogal