Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Superado o medio millón de rexistros de dominios .es

13/12/2006
Segundo os datos da autoridade de rexistro de dominios .es, xa hai máis de medio millón de páxinas web unidas a este sufixo. A cantidade de dominios co identificativo español experimentou unha forte suba durante a feira SIMO, na que se rexistraron 43.700 solicitudes debido á oferta que realizaron diferentes empresas rexistradoras de dominios.

Segundo os datos feitos públicos pola entidade pública empresarial Red.es, creada para tramitar a xestión dos dominios .es, ate novembro había un total de 516.608 webs con esta marca,  que comezou a súa andaina en 2005.

 

A Feira Internacional de Informática, Multimedia e Comunicación (SIMO) fixo que aumentaran en máis de 40.000 polo acordo para a súa promoción coas empresas de rexistro de dominios Nominalia, Arsys e Entorno Digital, que ofertaban ou regalaban, durante o evento, o rexistro de .es.

© Asociación Puntogal