Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Bruxelas fixa criterios para detectar e evitar abuso no rexistro de dominios .eu

07/06/2010 O Tribunal de Xustiza da UE, en resposta á consulta do Tribunal Supremo austriaco, ditou unha sentenza sobre un conflito polo rexistro dun dominio .eu  na que se fixan criterios orientativos para detectar a utilización especulativa ou abusiva de certas direccións virtuais, informa B. de M. en Cinco Días.

Os xuíces alertan sobre o rexistro de marcas previas cunha presentación "lingüisticamente irracional", así como sobre a solicitude masiva de dominios correspondentes a denominacións xenéricas.

A sentenza sinala que as fraudes poden empezar co rexistro previo dunha marca similar á do dominio que se persegue, pero camuflada con signos a base de signos de puntuación ou carácteres especiais.

A continuación, os presuntos extorsionadores solicitan o rexistro do dominio para esa marca. E, dadas as regras de transcrición que impón as limitacións técnicas de internet, elimínanse caracteres especiais e signos de puntuación, e obtense o dominio desexado que, probablemente, coincide co doutra marca lexítima.

 

No caso xulgado, por exemplo, unha empresa austriaca rexistrou en Suecia a marca &R&E&I&F&E&N& para cintos de seguridade, aínda que non tiña intención de comercializar ese produto. Solicitou entón un dominio .eu para esa marca e ao elimiar os signos "tironianos" quedou en www.reifen.eu.

O titular da marca Reifen no Benelux, rexistrada para produtos de limpeza de fiestras, reclamou o dominio nun tribunal de arbitraxe. 

© Asociación Puntogal