Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Dominio de código de país de Colombia

Os dominios .co competirán cos .com

01/06/2010 A plataforma de compra-venta de dominios Sedo anunciou que celebrará a introdución anticipada dos dominios de primeiro nivel .co, de Colombia, coa poxa do dominio e.com, informa PortalTic/EP.

A poxa, que se celebra do 7 ao 12 de xuño, será presentada pola entidade rexistradora de dominios .co na conferencia da Internet Week en Nova York.

A última hora da poxa poderase seguir en vivo desde a conferencia da Internet Week e por emisión simultánea nas conferencias de Internet Retailer (Chicago) e a TRAFFIC (Vancouver), eventos afíns a negocios online e de dominios de internet respectivamente. Todas as ganancias da venda do dominio irán destinadas a unha organización benéfica elixida polo comprador.

"Co lanzamento dos dominios .co seremos testemuñas dunha das extensións con máis valor no mercado e que proporcionará innumerables oportunidades de crear unha marca online de calidade en todo o mundo" comentou a directora de vendas en Sedo.com Kathy Nielsen.

Segundo Sedo, a extensión .co foi é considerada como unha das extensións máis esperadas desde o lanzamento do .com polas numerosas oportunidades que ofrece aos usuarios de internet ao ser unha extensión curta e fácil de recordar.

"A extensión .co presenta unha gran oportunidade para empresas e organizacións. E é un dos carácteres máis usados en internet que xunto á extensión .co faio del un  dominio único: moi curto e fácil de recordar" comentou o CEO da entidade rexistradora de .CO, Juan Diego Calle.

© Asociación Puntogal