Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Exipto, Arabia Saudí e Emiratos Árabes Unidos

Xa dispoñibles os primeiros dominios de código de país en caracteres non latinos

06/05/2010 A ICANN anunciou onte a incorporación ao DNS (Sistema de Nomes de Dominio) dos primeiros dominios  de código de país IDN en alfabetos non latinos, segundo informa a web deste organismo. 
Estes países e os seus seus respectivos IDN ccTLD (dominios de código de país internacionalizados) son: 

Exipto: E51 (Egypt) , Arabia Saudí: 'D39H/J) (AlSaudiah) e Emiratos Árabes Unidos: 'E'1'* (Emarat).

Estes son os primeiros ccTLD IDN en aparecer en liña, como resultado do proceso de incorporación de IDNs aprobado pola directiva da ICANN na súa penúltima  reunión anual en Seúl, Corea do Sur, o 30 de outubro de 2009.

As primeiras solicitudes de IDNs recibíronse a partir do 16 de novembro de 2009. O proceso permite aos países e territorios solicitar os seus dominios de código de país como IDNS, é dicir, representar os seus respectivos nomes de países ou territorios en alfabetos de caracteres non latinos. .

Ata o momento, a  ICANN ten recibiod un total de 21 solicitudes de ccTLD IDN, representando 11 linguas diferentes. Un total de 13 solicitudes xa superaron o proceso de avaliación da terminación, terminacións xa preparadas para que os países ou territorios que as solicitaro as incorporen ao DNS (Sistema de Nomes de Dominio, polas súas siglas ne inglés).

O árabe é a primeiro alfabeto non latino utilizado como dominio de código de país IDN. Ademais, esta lingua está entre as primeiras do munod máis usadas en Internet. O Oriente Medio ten unha penetración de Internet de por riba do 20% de media, e demostra un gran potencial de crecemento. Os usuarios da rexión poderán agora acceder a Internet dun xeito máis sinxelo, coa  opción de usar a súa lingua materna para o nome de dominio por completo. 

© Asociación Puntogal