Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Segundo datos da plataforma de compra-venda de dominios Sedo

A venta de dominios creceu un 18,6% no primeiro trimestre de 2010

05/05/2010 A venda de dominios durante os primeiros tres meses de 2010 alcanzou a cifra de 11.492, o que supón un crecemento do 18,6% en número e do 13% en valor -en total pagouse por eles 16,5 millóns de euros- en relación ao último trimestre de 2009, informa Europa Press.
Así o afirma o estudo trimestral sobre o mercado de dominios de Internet elaborado por Sedo, plataforma de compra-venda de dominios.

Segundo o estudo, nunca se realizaron tantas vendas de dominios de Internet como neste primeiro trimestre de 2010, no que afirman que o valor dos dominios vendidos é igual ao valor dos comercializados durante todo 2005.

En opinión de director de Sedo para España, Iván Díaz, "a entrada de novas terminacións e a apertura ao público de dominios con carácteres especiais de diferentes países, como a nosa ñ, inflúen moi positivamente o aumento de vendas".

En canto aos dominios ccTLD máis vendidos, o '.de' alemán encabeza a lista cun 38% das vendas, seguido do xenérico de Europa '.eu' (36%), e o  '.co.uk' británico (13%).

O dominio '.es' supuxo, pola súa banda, o 2% das vendas, cun volume total de 101.088 euros, sendo así o quinto dominio de código de páis máis vendido tras o .de, co.uk, .fr e .eu. Aínda así, o seu prezo medio diminuíu de 1.370 euros no cuarto trimestre de 2009 a 945 euros no comezo de 2010.

En dominios xenéricos, a terminación '.com' segue sendo a raíña entre as terminacións de primeiro nivel. Durante o cuarto trimestre de 2009 o 72% das vendas corresponderon a dominios '.com', porcentaxe que aumenta neste primeiro trimestre de 2010 a un 76%. En canto ao seu prezo, este mantívose estable con 1.700 euros (Trimestre anterior: 1.773 euros).

Entre as demais terminacións xenéricas de primeiro nivel -'.net', '.org', '.biz' e '.info'- apenas houbo cambios, segundo os datos do estudo.

Para rematar, o dominio máis caro vendido en Sedo durante os tres primeiros meses de 2010 foi 'poker.org' (1 millón de dólares), seguido de 'credit.fr' (587.500 euros). En España, o dominio máis caro foi 'metal.com' por 121,574 euros, seguido de 'pepe.com' por 45.000 euros.

© Asociación Puntogal