Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Conmemoración do Día das Letras Galegas e Día Internacional de Internet

Xa está en marcha o concurso Lingua de amor 2010

13/04/2010 O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico, para conmemorar o día das Letras Galegas e o Día de Internet, informa a web linguadeamor.eu.

Un dos obxectivos principais deste concurso é estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede. 

Tamén se pretende vincular as rapazas e rapaces de Galicia coa súa lingua e incrementer a percepción do galego como unha lingua útil para as actividades de lecer e momentos de diversión: o galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, facer amizades e mesmo para formar parellas. 

Para participar na modalidade de Declaracións de amor a través da Rede, as persoas interesadas deberán enviar unha mensaxe que conteña unha declaración de amor en galego, que poderá estar escrita en prosa ou en verso (dependendo da inspiración do autor ou da maña que se dea este coas rimas).
A extensión máxima da mensaxe deberá ser de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco e cada participante poderá enviar unicamente dúas mensaxes. O xurado terá en conta o grao de elaboración e a orixinalidade da mesma.
Nesta modalidade, a organización do concurso establece dúas categorías: unha para persoas de entre 14 e 19 anos e outra para aquelas que teñen entre 20 e 35 anos.

Máis información aquí .

© Asociación Puntogal