Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Desaparece o dominio .yu

Iugoslavia deixa de existir na rede

31/03/2010 Iugoslavia pasou onte á historia en Internet ao desaparecer o dominio de código de país ".yu" despois de catorce anos de vida no ciberespazo, informa a axencia EFE.

A eliminación fíxose efectiva o mediodía de onte , tras cumplirse un periodo de transición cara os novos dominios “.rs" para Serbia e “.me” para Montenegro, habilitados pola organismo que regula os dominios da rede, a ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers).

O dominio “.rs” está dispoñible desde hai dous anos para permitir un periodo de transición, que en principio expirou o 30 de setembro pasado pero que tivo un período de graza de seis meses a petición do rexistro nacional serbio, xa que aínda quedaban unhas 4.000 páxinas web que usaban o ".yu".

© Asociación Puntogal