Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

En resposta á nova normativa do goberno chinés

Go Daddy deixará de rexistrar os dominios .cn de China

29/03/2010 Unha das máis importantes empresas rexistradoras de dominio do mundo, GoDaddy, deixará de actuar en China, segundo informa o xornal "The Washington Post".

Directivos da empresa indicaron que a decisión se debe á crecente vixiancia do goberno chinés sobre o uso da rede nese país.

Segundo a GoDaddy,  China implantou recentemente novas regras de rexistro de dominio no país. Para rexistrar um enderezo coa terminación .cn, o dominio territorial de China, , quen o rexistre ten que ofrecer información persoal detallada e mesmo unha foto. Debido a esta decisión, GoDaddy deixará de rexistrar os dominios .cn.

 

© Asociación Puntogal