Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

A ICANN apraza a decisión sobre a creación do dominio .xxx

18/03/2010 A autorización dun dominio de Internet para os sitios dedicados á pornografía, o .xxx, foi aprazada novamente polo organismo que regula os dominios de Internet, a ICANN, informa El País.
Durante a súa 37ª Reunión Internacional Pública celebrada en Nairobi a semana pasada, a ICANN decidiu pedir á súa directiva que elabore un informe sobre esta proposta en 15 días. O documento abrirase á consulta da comunidade internauta durante 45 días e a decisión tomarase en xuño.

A proposta deste dominio procede dun rexistrador que ao velo rexeitado en 2008 presentou unha queixa ante un panel independente de revisión recoñecido por ICANN. Este panel admitiu que a organización aplicara un proceso de toma de decisión neste punto que era discriminatorio para o rexistro peticionario.

ICANN rexeitou por tres veces a admisión deste dominio.

© Asociación Puntogal