Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Foi o sitio máis visitado na semana do 7 ao 13 de marzo

Facebook recibe máis visitas que Google nos Estados Unidos

17/03/2010 O buscador en internet Google foi destronado do primeiro lugar do ranking de visitas en Estados Unidos a semana pasada, non por outro buscador, senón pola rede social Facebook, informa a BBC.

A firma de analistas Experian Hitwise informou que a páxina de inicio de Facebook terminou a semana que culminou o 13 de marzo co 7,07% de tráfico en internet nese país, relegando a un segundo lugar ao buscador de Google, que rexistrou o 7,03%.

A directora da empresa que leva a estatística das visitas en EE.UU., Heather Dougherty, describiu como "fito importante"que Facebook, un sitio dedicado á interacción social, non só superase ao xigante estadounidense, senón que nun ano consiga aumentar o seu tráfico no 185%, comparado coa mesma semana en 2009.

No entanto, este logro só se toma en conta contando unicamente as visitas do buscador Google, porque se se xuntan os hits que Google Inc. (que agrupa o servizo de correos Gmail, YouTube e Google Maps) recibiu esa mesma semana, entón sería outra historia.

En total os sitios máis populares de Google acapararon o 11,03% do tráfico no mercado estadounidense.

Aínda que estas cifras son noticia hoxe, é posible que Google viñese sospeitando que o seu reinado podía acabar. O día de Nadal e Ano Novo  Facebook superárao en visitas.

É posible que a relevancia social deses días catapultara a rede social ao primeiro lugar. Pero, que fixo que a fin de semana do 6 e 7 de marzo deste ano volvesen a acaparar o tráfico en Estados Unidos?

"As redes sociais non son algo novo, pero o seu papel como grandes provedores de noticias definitivamente éo", explicou hai unhas semanas o xornalista da BBC Stephen Chittenden cando Hitwise catalogou a Facebook como o cuarto sitio máis importante, non só en EE.UU., detrás de Google, Yahoo e MSN.

Baseándose no comentario que un estudante universitario fixo nun debate: "Se a noticia é importante, atoparame", Chittenden decidiu -como experimento- desconectarse dos buscadores e sitios de noticias para concentrarse en sitios como Twitter e Facebook.


"Claves sociais"

Quizais el non sexa o único. Quizais por iso o presidente de Google, Eric Schmidt, repita nas últimas conferencias e entrevistas que a clave está nas redes sociais.

Un novo invento na internet é a habilidade de utilizar claves sociais, mapas sociais, información social... para tomar mellores decisións. A información social que estamos recibindo é só outra achega para unha mellor clasificación.

Eric Schmidt, presidente de Google

"Un novo invento en internet é a habilidade de utilizar claves sociais, mapas sociais, información social... para tomar mellores decisións. A información social que estamos recibindo é só outra achega para unha mellor clasificación", díxolle hai pouco Schmidt á BBC.


Por iso talvez un novo produto de Google é o Buzz, que mestura o micro blogging de Twitter e o sitio de Facebook.

Este último non é alleo á contenda, pois en resposta mellorou o seu servizo de correos que algúns expertos comparan co Gmail.

No entanto, cando imos aos números, Facebook parece ser o preferido de internet. Segundo a firma comScore, en decembro rexistrou uns 400 millóns de usuarios únicos en contraste cos 176 millóns que tivo Gmail.

© Asociación Puntogal