Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Recoñecemento internacional do dominio para a comunidade cultural e lingüística catalá

PuntCAT acada os 40.000 dominios rexistrados

29/01/2010 O pasado domingo rexistrábase o dominio tastetdegospel.cat, co que se chegaron aos 40.000 dominios .cat rexistrados, segundo informa a Fundació puntCAT

Nos case catro anos de funcionamento, o .cat non parou de aumentar o número de rexistros e a cantidade de contidos baixo este dominio. Ademais, a reputación internacional do .cat segue sendo impecable e unha vez   máis é avalada pola opinión dos expertos do mundo deInternet.

A semana pasada tivo lugar  en Barcelona o encontro anual que realiza o ICANN-Studienkreis (círculo de estudos), onde a través de diferentes sesións se crea un espazo de debate, reflexión e intercambio de ideas nunha contorna máis aberta que nas reunións internacionais de ICANN.

O tema principal do Studienkreis deste ano foi o proceso de creación de novos dominios, dado que ICANN precisa asegurar un proceso de selección ecuánime e que asegure a súa futura viabilidade técnica. Neste sentido, o dominio .cat foi novamente protagonista, posto que se mencionou en varias ocasións como un exemplo de dominio seguro, tecnolóxicamente líder, ben xestionado e cun gran apoio social. A boa experiencia do .cat avala as candidaturas doutros dominios similares, en concreto os dominios lingüísticos e culturais, como é o caso do .gal,  e grazas a unha proposta feita por puntCAT, poderían ser aprobados máis rapidamente que o resto. 

A Fundación puntCAT móstrase satisfeita polo esforzo que teñen realizado ao dotar continuament ao seu dominio dos últimos avances tecnolóxicos.

© Asociación Puntogal