Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

O Clúster TIC Galicia celebra a súa primeira asemblea xeral

14/01/2010 o Clúster TIC Galicia, con máis de 75 entidades adheridas, vén de celebrar a súa primeira asemblea xeral ordinaria, que tivo máis ben carácter informativo, de cara a poñer en contacto as asociacións empresariais e profesionais do sector con colexios oficias e empresas participantes, informa Código Cero.
Comunidade, con máis de 75 entidades adheridas. Esta asociación, que integra a cadea de valor das empresas de novas tecnoloxías da información e da comunicación do noso país, vén de celebrar xa a súa primeira asemblea xeral ordinaria, que tivo máis ben carácter informativo, de cara a poñer en contacto as asociacións empresariais e profesionais do sector con colexios oficias e empresas participantes.
Na asemblea, que foi presidida e moderada pola presidenta provisional do Clúster e presidenta de Eganet, Beatriz Legerén, informouse aos membros da situación actual da iniciativa e aprobouse o regulamento da asemblea xeral extraordinaria convocada para o 11 de febreiro, que, segundo afirman dende a entidade, “terá carácter extraordinario e nela elexiranse a presidencia e os membros do comité estratéxico da asociación”.
Segundo explicou na asemblea Beatriz Legerén, rematada a elección dos órganos de dirección, o Clúster trazará as súas liñas estratéxicas que, en calquera caso, perseguirán os fins constitutivos da asociación e que pasan por potenciar as accións de desenvolvemento das empresas, xerar mercados de alianzas que eleven o nivel competitivo dos produtos e servizos galegos nos mercados estatais e internacionais, establecer convenios de financiamento, favorecer o desenvolvemento tecnolóxico, optimizar as infraestruturas, representar o sector TIC galego e promover o asociacionismo empresarial.

O Clúster TIC Galicia xorde do consenso e esforzo conxunto das organizacións EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías), INEO (Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación), AETIC-Galicia (Consello Territorial de Galicia da Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións de España), COETG (Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia) e CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), entidades que contaron co apoio da Administración Autonómica para culminar a materialización do proxecto.

© Asociación Puntogal