Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

PuntCat colabora na preservación do patrimonio cultural dixital catalán

16/11/2006
A Fundación PuntCat asinou un convenio coa Biblioteca de Catalunya para colaborar na elaboración do depósito Patrimonio Dixital de Catalunya (PADICAT), un proxecto que pretende recoller, almacenar e preservar toda a producción cultural, científica e xeral elaborada en formato dixital creada en Catalunya ou que teña un interese prioritario para o país.

O papel da Fundación PuntCat consiste en aportar ao catálogo de PADICAT os recursos dixitais elaborados baixo o dominio .cat. PADICAT poderá acceder aos contidos de calquera páxina rexistrada co dominio .cat sempre que os responsábeis da mesma autoricen aos robots exploradores a gardar os seus contidos. A idea é que se recollan todas as páxinas web en catalán.

En PADICAT participan, ademais da Biblioteca de Catalunya, que coordina e que ideou o proxecto, o Centro de Supercomputación de Catalunya (CESCA) e a Secretaría de Telecomunicacións e de Sociedade da Información da Generalitat. Estes pretenden implicar no proxecto a unhas 300 institucións e asociacións para que cumpran, so seu ámbito, o papel do PuntCat.

© Asociación Puntogal