Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

As dúas entidades asinaron un acordo

A ICANN e a UNESCO promoverán a diversidade lingüística en Internet

11/12/2009 O 10 de decembro de 2009, a ICANN e a UNESCO asinaron un acordo para colaborar na posta en marcha dos dominios multilingües, fomentando así a pluraridade lingüística da rede, informan desde a UNESCO.

Este acordo de colaboración asinouse despois da recente decisión da ICANN  (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) de introducir os IDNs ou Nomes de Dominio Internacionalizados, en alfabetos non-latinos.

Ata o momento, os enderezos de Internet estaban escritos exclusivamente con caracteres dos alfabetos latinos. O 16 de novembro deste ano, na primeira fase do proceso, ICANN comezou a aceptar solicitudes de representantes de diversos países e territorios  para poder ter os seus códigos de país en árabe, chines e outros alfabetos. Os usuarios de Internet de alfabetos non-latinos poderán, dentro de pouco tempo, ter acceso aos enderezos de Internet escritos nas súas linguas de principio a fin.


Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, agradeceu o paso da ICANN de cara a introducir IDNs. “Internet debe ser linguisticamente diversa de xeito que todos os grupos lingüisticos podan aproveitar o seu potencial único", dixo. "A través deste acordo, UNESCO e ICANN traballarán xuntos para achegar a máis xente as redes de información."

O acordo UNESCO-ICANN cubre unha variedade de áreas de colaboración de forma que o novo desenvolvemento beneficiará ao maior número de grupos de linguas posibles.  A UNESCO contará con expertos lingüisticas no proceso; informará aos Estados Membros sobre os novos IDNS; fomentará a implicación das axencias das Nacións Unidas máis relevantes; e establecerá grupos de traballo  para axudar aos países en váis de desenvolvemento para que participen plenamente. 

© Asociación Puntogal