Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

O dominio .tel solicita o rexistro de Nomes de Dominio Internacionalizados

10/12/2009 O operador de rexistro do .tel, Telnic, enviou unha carta ao Presidente e CEO de ICANN, Rod Beckstrom, solicitando permiso para lanzar os nomes de dominio internacionalizados (IDNs), informa Domain Name Wire.

A carta, asinada polo CEO de Telnic Khashayar Mahdavi, solicita a autorización de ICANN para liberar os dominios que conteñen guións nas terceiras e cuartas posicións dos nomes reservados no acordo de rexistro .tel. Isto habilitaría os IDNs. 

Na súa carta, Mahdavi di que Telnic seguirá as "Pautas para a implementación dos Nomes de Dominio Internacionalizados" tal e como están publicados na web da ICANN.

.Mobi liberou recentemente os IDNS chineses, o que tivo como resultado un rápido crecemento nos rexistros, cun 10%  máis. 

© Asociación Puntogal