Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Un informe de McAfee Labs asegura que supón un risco para a seguridade na rede

O .cm, de Camerún, o dominio máis perigoso,

10/12/2009 O país africano Camerún (.cm) desbancou a Hong Kong (.hk) como o dominio máis perigoso de Internet, segundo o terceiro informe anual de McAfee, "Mapping the Mal Web". No lado oposto, atópase Xapón (.jp) como o dominio máis seguro da rede, formando parte da lista dos cinco dominios máis seguros da rede, por segundo ano, informa CiberSur.com
O dominio web máis frecuentado no mundo, o comercial (.com) saltou desde o noveno posto ata o segundo como dominio máis perigoso, mentres que o do Goberno (.gov) é o dominio máis seguro non relacionado con países.

"Este informe pon de relevo a rapidez coa que os cibercriminais están cambiando as técnicas para atraer ao maior número de vítimas sen ser descubertos. O ano pasado, Hong Kong era o dominio máis perigoso, pero este ano é, considerablemente, máis seguro", afirma Mike Gallagher, Director Tecnolóxico de McAfee Labs. "Os cibercriminais diríxense a rexións onde o rexistro de sitios web é máis barato e o risco de ser capturado é menor."

Camerún, un pequeno país de África que limita con Nixeria, colocouse en primeira posición co 36.7% dos dominios .cm, representando un risco para a seguridade, pero o ano pasado, nin sequera aparecía na lista. O dominio .cm é un erro común á hora de teclear .com, e moitos cibercriminales aproveitan este erro tipográfico para crear descargas maliciosas, spyware, adware e outros programas non desexados.

Tras as agresivas medidas tomadas por parte dos administradores de dominios .hk para evitar a fraude cos rexistros o ano pasado, Hong Kong pasou de ser o dominio máis perigoso en 2008 a ocupar o posto 34 no ranking realizado en 2009. Actualmente, só o 1.1% dos sitios .hk supón un risco, mentres que o ano pasado, un de cada cinco sitios web con dominio .hk eran perigosos.

Entre os dominios de países, a República de China (.cn) e Samoa (.ws) mantivéronse na lista dos cinco sitios web máis perigosos nos últimos dous anos.

© Asociación Puntogal