Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Probarán unha web que dará a coñecer as ventaxas de ter un .cat

PuntCAT busca voluntarios para un proxecto

25/11/2009 A Fundació puntCAT está a piques de lanzar unha web que facilitará toda a información en relación aos beneficios de dispor dun dominio propio e como sacarlle o máximo partido: www.queferambum.cat, informan desde a propia fundación.

O embrión deste ambicioso proxecto divulgativo xestouse durante a pasada edición da Semana da Ciencia, cando PuntCAT realizaou un taller presencial para guiar aos participantes no proceso de de acoller, desde os seu propio dominio .cat, algunhas das ferramentas gratuítas (blogs, álbums de fotos e vídeo, etc) que se atopan en Internet.

O bo resultado e o interese que desvelou o taller levou á Fundación puntCAT a crear unha web onde, mediante diferente material didáctico e de apoio, todo o mundo coñecerá as posibilidades que proporciona ter un dominio propio e pasar así a converterse nun axente activo na rede e continuar facendo crecer a calidade da Internet catalá:  www.queferambun.cat   Esta web atópase fase final de probas e puntCAT quere darlle aos usuarios a oportunidade de coñecelo antes que ninguén, facéndolles chegar a súa opinión.

A actividade, dentro do marco da Semana da Ciencia 2009, consiste en converterse en "probadores" (beta-testers) desta  web. Só é preciso enviar un correo demostrando o interese e puntCAT enviará o resto da información. Os participantes nestas probas disporán dunha semana para consultar a web de quèferambun.cat e facer as prácticas que este proxecto propón. Despois terán que completar unha sinxela enquisa coas  impresións e as melloras que queiran achegar ao proxecto. Calquera persoa interesada en probar en primicia esta web e en dicir a súa, será benvida. Buscan "experimentadores" de diferentes perfís co fin de, entre todos, e con diferentes puntos de vista e experiencia, mellorar esta práctica web.

Máis información aquí .

© Asociación Puntogal