Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

As respostas deberán remitirse antes do 26 de outubro

Consulta pública de Industria sobre a inclusión da banda ancha como servizo universal

15/10/2009 O Ministerio de Industria do Goberno de España está a realizar unha  abriu unha consulta pública sobre o proceso  de designación do operador ou operador encargados da  prestación do servizo universal, informa NetWork World. 
A consulta, dispoñible no website do Ministerio de Industria, pretende solicitar a opinión de todos os implicados no mercado de telecomunicacións, desde os usuarios aos operadores. As respostas á consulta deberán remitirse por correo electrónico antes do 26 de outubro.

O aspecto máis relevante desta consulta é o relativo ás prestacións da banda ancha como elemento do servizo universal, que se deberán incluír na normativa nacional axiña que como o permita o marco regulador comunitario agora en proceso de revisión. Os aspectos principais sobre os que se solicita a opinión dos interesados son a velocidade nominal mínima que deberá proporcionarse a todos os cidadáns que o soliciten, independentemente da súa localización xeográfica, a utilización de tecnoloxías móbiles de acceso, os modelos tarifarios da banda ancha do servizo universal e o calendario de implantación.

Por outra banda, a próxima designación de operador ou operadores refírese á prestación da conexión á rede con acceso funcional a Internet, a prestación do servizo telefónico de uso público a través de cabinas, as bonificacións aos usuarios con necesidades sociais especiais, contidas no Abono Social, e a elaboración e entrega das guías telefónicas de abonados.

Dependendo do interese que exista por parte de operadores ou empresas en ser designado como operador do servizo universal, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio convocará os concursos que sexan necesarios por elementos e zonas xeográficas.

No marco da presidencia europea do primeiro semestre de 2010, España impulsará o debate no seo da UE sobre a aprobación dunha Carta Europea de Dereitos dos Usuarios de Telecomunicacións, en liña co aprobado polo Goberno de España. Neste documento incluiríase o acceso a banda ancha como parte do servizo universal de telecomunicacións.

O servizo universal está constituído por un conxunto de elementos cuxa prestación garantir a todos os cidadáns que o soliciten, independentemente da súa localización xeográfica, cunha calidade garantida e a un prezo alcanzable. Actualmente, inclúe a telefonía, os servizos de axuda ao establecemento de chamadas (guías e consulta telefónica de números de abonado), a telefonía de uso público desde cabinas, o acceso funcional a Internet de banda estreita, o Abono Social para usuarios con necesidades sociais especiais e outras medidas específicas para os usuarios con discapacidade.

© Asociación Puntogal