Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Un erro de mantementeo do .se deixou inaccesibes todos os servidores web que o aloxan

O dominio .se de Suecia foi "borrado" do mapa de Internet por un erro

14/10/2009 Un fallo no mantemento do dominio de código de país de primeiro nivel de Suecia, .se, afectou aproximadamente a un millón de dominios .se, que estiveron inaccesibles durante varias horas do pasado luns, informa Lainformacion.com.
O problema produciuse  o 12 de outubro ás  21:45 hora local de Suecia, e non foi resolto ata unha hora despois. Pero a desgraza, e debido a forma en que se xestionan os dominios rexionais de cada país, neste caso os terminados en .se, os servidores afectados non só deixaron de funcionar durante ese tempo, senón que permaneceron inaccesibles en ocasións ata 24 horas despois e algúns aínda continúan a ter problemas.


Na investigación do fallo chegouse a conclusión de  que unha configuración incorrecta dun script de mantemento fixo que se introducise un erro que afectou a todos e cada un dos dominios .se. Algo tan simple como que faltaba un punto “.” ao final de cada rexistro. Os servidores de dominio chamados DNS, que converten as direccións do tipo «nome.com» en direccións IP como 64.12.33.250, simplemente deixaron de funcionar para ese tipo de enderezos ao non conseguir atopalas.

Como os servidores DNS  se alimentan os uns dos outros, o erro foise propagando sen remisión desde o rexistro central a todos os servidores dos provedores de Internet suecos. Cando tempo despois se descubriu o fallo, corrixiuse o problema e a solución seguiu o camiño inverso, pero os novos enderezos tardaron tempo en propagarse e os provedores que non puideron actualizar manualmente os dominios estiveron máis tempo con problemas.

Ademais de todos os quebradeiros de cabeza que causou o fallo aos servizos aloxados en páxinas de Internet suecas o asunto pareceu alcanzar certa notoriedade nos medios de comunicación locais pola súa magnitude.

© Asociación Puntogal