Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Asociacións culturais, colexios profesionais, centros galegos e empresas apoian o .gal

PuntoGAL acada as 100 entidades adheridas

06/10/2009 A iniciativa a prol dun dominio en Internet para a cultura e lingua galega, promovida pola Asociación PuntoGal,  conta xa co respaldo de 100 entidades de diversa índole.
Desde a posta en marcha do proxecto, no verán do 2006, importantes entidades do mundo da cultura, lingua e da sociedade galegas  foron sumándose á iniciativa amosando o seu apoio á creación do .gal: asociacións culturais e xuvenís, colexios profesionais, organizacións empresarias, editoriais, medios de comunicacións, empresas TIC,centros galegos no exterior,etc,...

Ademais, son máis de 11.000 as persoas que coa súa sinatura apoian, de forma individual,  a reivindicación dun dominio propio para a lingua e a cultura galegas.

Aquelas entidades que queiran sumarse ao proxecto poden facelo cubrindo o formulario de adhesión incluído na sección “Entidades adheridas” e enviándoo á Asociación PuntoGal.

As persoas a título individual poden respaldar a iniciativa inscribíndose  na sección Apoios individuais.

© Asociación Puntogal