Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Valoraranse aspectos como a creatividade e a innovación tecnolóxica

O Ministerio de Industria premiará as mellores webs .es

23/09/2009 Con motivo do 20 aniversario dos dominios .es, a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria convoca un concurso para premiar as mellores webs .es, a través de Red.es, informa 20 minutos.

O obxectivo é galardoar as web máis salientables das dúas últimas décadas, con maior repercusión mediática, número de seguidores e un contido actualizado, atractivo e de calidade.

Tamén se pretende recoñecer ás entidades ou empresas que consigan, a través da súa web baixo o dominio .es, un incremento do seu posicionamento, prestixio ou vendas. Do mesmo xeito, tamén se premiará a aquelas persoas físicas que sexan titulares de web .es destacadas.

Os aspirantes poden presentar as súas candidaturas ata o vindeiro 9 de outubro ás 12 horas, enviando ao correo electrónico lasmejoreswebs@dominios.es a documentación que se solicita nas bases, que pode descargarse de Internet ou ben solicitalas a través do teléfono 902 010 755.

Os premios entregaranse no transcurso da terceira edición de FICOD, que se celebra do 17 ao 19 de novembro en Madrid.

© Asociación Puntogal